Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 13 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de tentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas sinaladas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

As resolucións obxecto de notificación ditounas nuns casos o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e noutros, o director xeral de Centros e Recursos Humanos da dita consellería.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

A citada dirección xeral ten a súa sede en Santiago de Compostela; Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

ANEXO

Persoa interesada: María Luz Fernández Álvarez.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (V Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: Rebeca Polanco Pérez.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (V Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: Daniel Andrés Alvarado Celis.

Asunto: homologación/validación de estudos realizados no estranxeiro.

Acto notificado: resolución de solicitude.

Persoa interesada: Sebastino Caliari.

Asunto: homologación/validación de estudos realizados no estranxeiro.

Acto notificado: resolución de solicitude.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos