Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2013/075).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra Rabal.

Situación: O Pino.

Características técnicas:

• Centro de seccionamento que se instalará no interior dunha nova caseta de obra civil, que será o punto de manobra das liñas Tarroeira-Medín (expediente IN407A 2004/068) e Eixo Cimadevila-Rabal (expediente IN407A 2009/303), composto de:

• Centro de seccionamento en caseta prefabricada de formigón composto polas seguintes 4 celas: unha cela de liña para a entrada da liña Tarroeira-Medín a CT Rabal de Abaixo, unha para a saída da liña Tarroeira-Medín a CT Bugalleira e outra para a saída da liña Eixo Cimadevila-Rabal a CT Rabal de Arriba, e unha cela de protección con trafos de tensión para a alimentación dos servizos auxiliares.

• Para realizar a conexión das liñas de media tensión existentes no centro de seccionamento e manobra Rabal proxectado, proxéctanse dous tramos de liña de media tensión soterrada, que son os seguintes:

• Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 33 m, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso aerosoterrado que se realizará en apoio existente s/n de tipo C-14/3000 da LMT Tarroeira-Medín, e final no paso aerosoterrado que se realizará neste mesmo apoio, despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento Rabal proxectado.

• Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 17 m, con condutor
RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe nunha das celas de liña que se instalará no centro de seccionamento Rabal proxectado, e final no paso aerosoterrado que se realizará en apoio existente s/n de tipo C-14/3000 da LMT Eixo Cimadevila-Rabal, mesmo apoio onde se realizan os pasos aerosoterrados da LMT Tarroeira-Rabal proxectados. (Coordenadas UTM, X: 554.370; Y:4.756.778), onde se instalará un reconectador existente en apoio.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 31 de xullo de 2013

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe de Servizo de Administración Industrial