Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 168/2006).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I do proxecto de LMTS, CT, RBT Fontemaior-Ermida.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,534 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. SBN-717B (expediente 300/2005), no tramo entre o paso aerosoterrado e o CT rúa Río Chan (expediente 300/2005), condutor tipo RHZ1 e final en cela de liña existente no CT rúa Río Chan (expediente 300/2005), despois de realizar entrada e saída no CT Fontemaior proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saídas rede de baixa tensión subterránea do CT Fontemaior, cunha lonxitude de 0,092 km, con orixe no CTC proxectado, condutor tipo XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de agosto de 2013

Por ausencia (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial