Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34494

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan de sectorización do parque empresarial de Muimenta.

Aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan de sectorización do parque empresarial de Muimenta por Resolución da Alcaldía do 8 de xullo de 2013, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é máximo de dous anos e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do Plan de sectorización.

A área afectada de suspensión é a seguinte: sector na zona noroeste no seu lindeiro sur do Plan de sectorización do parque empresarial de Muimenta. Cospeito. Lugo.

Cospeito, 18 de xullo de 2013

Armando Castosa Alvariño
Alcalde