Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34493

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para construción de fosa de xurro e nave para almacén.

Antonio Dorrego García, en representación de Casa do Polo, S.C., solicita desta Alcaldía licenza municipal para construción de fosa de zurro e nave para almacén na Pedreira, Cabarcos. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Barreiros, 21 de agosto de 2013

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde