Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para o arrendamento con opción de compra dun sistema de anestesia, dúas mesas cirúrxicas e dúas secadoras industriais de vapor (AB-ASF1-13-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2) Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3) Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4) Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5) Telefax: 981 33 45 51.

6) Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-13-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: arrendamento con opción de compra dun sistema de anestesia, dúas mesas cirúrxicas e dúas secadoras industriais de vapor.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): 3 lotes.

– Lote 1: 1 sistema de anestesia.

– Lote 2: 2 mesas cirúrxicas.

– Lote 3: 2 secadoras industriais de vapor.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33172100-7; 33192230-3; 42716200-0.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Lotes 1 e 2:

1. Calidade técnica: ata 50 puntos.

2. Oferta económica: ata 40 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 10 puntos.

– Lote 3:

1. Oferta económica: ata 40 puntos.

2. Calidade técnica: ata 30 puntos.

3. Melloras: ata 20 puntos.

4. Consumos en relación coa capacidade da máquina: ata 10 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe sen IVE: 149.910,53 €.

b) Importe con IVE: 170.426,94 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

c) Otros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2) Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3) Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios.

10. Outras informacións: portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos, perfil do contratante:

www.sergas.es

Ferrol, 19 de agosto de 2013

P.A. (Artigo 4.3 do Decreto 168/2010)
Francisco Javier Puente Prieto
Director de Procesos Asistenciais