Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34449

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (906/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 906/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Busto Capeáns contra a empresa Tolroga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que, estimando integramente as demandas interpostas por María Jesús Busto Capeáns, contra Tolroga, S.L. e o Fogasa, debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre a demandante e a demandada por incumprimento contractual grave imputable á demandada, e debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado pola demandada con data de efectos do 30 de novembro de 2012 con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión, e debo condenar e condeno a Tolroga, S.L. a que lle aboe a María Jesús Busto Capeáns, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET, a suma de oito mil trescentos corenta e oito euros con dezanove céntimos (8.348,19 €) en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, e a suma de vinte e sete mil catrocentos trinta e cinco euros con oitenta céntimos (27.435,80 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tolroga, S.L. actualmente en paradoiro descoñecido insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2013

A secretaria xudicial