Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1066/2010).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1066/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lara Crego Fernández contra a empresa Tarakan Investment, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión se expresa:

«Que, estimando a demanda interposta pola demandante Lara Crego Fernández contra a empresa Tarakan Investment, S.L., debo condenar e condeno a esta a que lle aboe á demandante a cantidade de 938,63 euros polos conceptos reclamados en demanda, así como o dez por cento de xuro de demora. Condeno así mesmo a empresa demandada ao pagamento da cantidade de douscentos euros pola súa inasistencia inxustificada aos actos de conciliación e xuízo e ao pagamento dos honorarios percibidos pola defensa letrada da parte demandante.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores. O mesmo con respecto á Administración concursal, sen prexuízo do cumprimento das súas obrigas legais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza que pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Tarakan Investment, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2013

A secretaria xudicial