Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2013/161-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT Limens II.

Situación: Cangas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 512 metros de lonxitude, con orixe na LMT CAG805 A Rocha II 5, no apoio nº 2 da derivación ao CT Santa Marta, e final no CT proxectado Limens II. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Santa Marta, Darbo, Cangas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra