Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública os proxectos de planta de coxeración asociada a planta de xestión ambiental forestal para instalar en Loiro, concello de Barbadás, Ourense (expediente IN408A 2013/1-3) e LMT aerosubterránea, a 20 kV, para interconexión daquela coa rede de distribución, concellos de Barbadás, A Merca e San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2013/28-3).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada pola empresa Enerxía dos Castro, S.L., CIF: B-27414580, con domicilio social na rúa República Arxentina, 6, 1º A, 27002 Lugo, de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para a planta de coxeración asociada ao proceso de xestión da biomasa, que a dita empresa ten previsto instalar no monte da Vaqueriza-Loiro, concello de Barbadás (Ourense), e a da súa liña eléctrica de interconexión coa rede de distribución.

A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve; Real decreto 3275/1982, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación; Real decreto 661/2007, do 25 de maio, que regula o réxime especial de produción eléctrica; Lei 1/1995, de 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

2. Finalidade.

Sistema de coxeración baseado en motor de combustión interna (anexo I.6 do Real decreto 616/2007) co obxecto de subministrar toda a enerxía térmica necesaria para o secado da biomasa de proceso e da empregada para planta de xestión ambiental.

3. Equipamento básico.

– Centro de almacenamento e equipamentos de alimentación e acondicionado da biomasa ao gasificador, para un consumo estimado de 8.412 kg de biomasa/h (humidade ao 35 %).

– Unidade de gasificación realizada en aceiro ao carbono dotado de illamento e material refractario, contará con sistema de control con sondas e dispositivos para captar sinais de presión e temperatura. Produción estimada de gas pobre/syngas 2,60 Nm3 gas/kg de biomasa, con humidade ao 20 %.

– Unidade de tratamento do gas formada por separador ciclónico e equipos para filtrado e secado.

– Módulos de coxeración formados por: 3 motores de 735 kW/ud. con alimentación dual (gas de síntesis-gasóleo 90/10); 3 xeradores de 840 kVA/ud., con Cos φ=0,8; 3 equipos de regulación e control e equipamento auxiliar.

– Centro de transformación de 2.500 kVA con R/T 600/20.000 V en local interior, con celas de entrada e saída, remonte, protección e medida; trafo de S.S.A.A. de 400 kVA R/T 20.000/400-230 V; liña eléctrica subterránea, a 20 kV, de conexión coa liña de evacuación da planta, e outra de interconexión entre os citados centros de transformación, cun total de 32 m de lonxitude, en condutor RHZ1 12/20 kV 3(1×95) mm2 Al.

– Liña de interconexión aerosubterránea a 20 kV, de 1.222 m de lonxitude en aéreo, condutor LA-56, e 550 m en subterráneo, condutor RHZ1 12/20 kV 3(1×95) mm2 Al; ten a súa orixe, con PAS, na liña indicada no punto anterior e o seu remate na liña eléctrica da compañía distribuidora SCV801 (Celanova), nas proximidades da derivada ao CT 32CA68.

4. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examinar o proxecto nas oficinas desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez nº 1, 3º, Ourense, e presentar, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 14 de xuño de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense