Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2013/160-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CS para edar en Covas de Lobos.

Situación: Cambados.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 16 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT CBD808, entre o apoio D6 da LMT e o CT Covas de Lobos 2, unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas compactas con corte en SF6, situado en Covas de Lobos, Cambados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra