Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34427

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cristovo de Cea

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para instalación de planta de xestión e tratamento de residuos da construción.

Jesús Vázquez Fernández, en representación da sociedade Esconser, S.L., solicitou desta Alcaldía licenza municipal para instalación de planta para xestión e tratamento de residuos da construción, que se situará en Ermida (parcelas nº 189-199-polígono 47), deste termo municipal. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, coa finalidade de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP de Ourense e no DOG– poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

San Cristovo de Cea, 19 de agosto de 2013

José Luis Valladares Fernández
Alcalde presidente