Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34426

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/06/13).

Laureano Fernández Pérez solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a exposición e compra-venda de turismos usados, que se situará na estrada O Porriño-Tui; polígono 31, parcela 14, Atios, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/06/13, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que de algún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O Porriño, 17 de xullo de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde