Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34425

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/05/13).

Talleres Arteixo, S.L. solicitou da Alcaldía, licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a almacén, lavado e engraxamento de maquinaria, que se situará na estrada PO-510, O Porriño-Salceda, Km 0,6, Atios, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/05/13, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O Porriño, 2 de xullo de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde