Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34362

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (907/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 907/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín Batalla Ons contra a empresa Tolroga, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que estimando integramente as demandas interpostas por Agustín Batalla Ons contra Tolroga, S.L. e Fogasa, debo declarar e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada por incumprimento contractual grave imputable á demandada, e debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 30 de novembro de 2012, con declaración de extinción así mesmo da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión, e debo condenar e condeno a Tolroga, S.L. a que lle aboe a Agustín Batalla Ons, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa, nos termos do artigo 33 do ET, a suma de nove mil catrocentos cincuenta e dous euros con cincuenta e oito céntimos (9.452,58 €) en concepto de salarios debidos, máis os intereses previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, e a suma de catorce mil catrocentos corenta e dous euros con vinte e dous céntimos (14.442,22 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual a data da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Tolroga, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2013

A secretaria xudicial