Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica do concello de Touro (expediente IN407A 2013/105).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, nº 17, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra Xesteira.

Situación: concello de Touro.

Características técnicas:

• Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,209 km, coa orixe en paso aéreo-subterráneo que se realizará en apoio existente no CT intemperie (particular) Maderas Bama en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, (1×240 Al), e final no CS proxectado.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,039 km, coa orixe en paso aéreo-subterráneo que se realizará en apoio existente de celosía nº 77 da LMT Figueroa-Millares en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, (1×240 Al) e final no CS proxectado.

• Centro de seccionamento en edificio prefabricado con tres celas de liña en SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de xullo de 2013

Por ausencia (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial