Con data do 17 de xullo de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013249TA-CO incoado a Blanca Nubia Maya Quintero.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Blanca Nubia Maya Quintero o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 26 de xullo de 2013
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2013249TA-CO.
Interesada: Blanca Nubia Maya Quintero (Parrillada K´dis).
DNI/NIF/CIF: 49678829W.
Último enderezo coñecido: San Vicente, 30,15007 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro): artigo 7.u), artigo 19.1.3.b).
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).