Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34188

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre a instalación e apertura dun centro de ocio infantil (expediente 45/13).

Beatriz González Álvarez solicitou licenza municipal de actividade para a instalación e apertura dun centro de ocio infantil (expediente 45/13), que se situará na rúa Rosalía de Castro, nº 6, baixo. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 22 de xullo de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde