Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública (expediente 617/12).

Limpergal, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun establecemento de servizos de subcontratación integral en materia de limpeza, desinfección, xestión de residuos, vixilancia, mantemento e seguridade con talleres, laboratorio, almacenamento e aula de formación no parque empresarial As Gándaras, rúa A, parcela 0.4.3.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 16 de xullo de 2013

Sonia Méndez García
Tenente de alcalde delegada da Área de Economía, Emprendemento,
Autónomos e Educación