Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34187

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Crecente

ANUNCIO de información pública sobre adega para elaboración e embotellamento de viños, elaboración de mosto e elaboración de xelatina, sita na Portela (Vilar).

Bodegas Vilarvin, S.L. solicitou desta alcaldía licenza de actividade para elaboración e embotellamento de viños, elaboración de mosto e elaboración de xelatina, adega sita na Portela, nº 14, parroquia de Vilar.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e alegar por escrito as reclamacións ou observacións que considere oportunos.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

Crecente, 14 de agosto de 2013

P.O.
Marisol Gómez Domínguez
Tenente de alcalde