Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34186

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre planta de produción de formigón (expediente 05/13 AIA).

General de Hormigones, S.A. solicitou neste concello licenza municipal de apertura para actividade de planta de produción de formigón, situada na avda. da Prensa, parcela 59 do Polígono Industrial de Sabón, Arteixo. En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008 polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte dias hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as alegacións e reclamacións que consideren oportunas. O correspondente expediente pode consultarse nas oficinas deste concello.

Arteixo, 20 de agosto de 2013

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo