Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34158

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (45/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 45/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Novoa Torres contra a empresa Xestión Celular Galega, S.L. (Xecega), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Auto.

A Coruña, 19 de xullo de 2013.

Antecedentes de feito.

Único. O día 1 de xullo de 2013 foi ditada sentenza nestes autos. A representación procesual da parte demandante, Paula Novoa Torres, presentou escrito en que solicitaba a aclaración desta, que condenaba a demandada ao pagamento da liquidación debida á demandante.

Fundamentos xurídicos.

Único. Ao abeiro do previsto no artigo 267.5 e 6, procede complementar a sentenza ditada de acordo coa solicitude da demanda. Como se observa no teor literal daquel, dedúcese oportunamente a pretensión de condena en diñeiro para o aboamento da cantidade de 1.684,20 euros en concepto de liquidación final, así como o xuro legal por demora, despois de omitirse o correspondente pronunciamento na resolución ditada, o cal habería de impedir, en caso de falta de emenda, a imposibilidade de acudir á execución, coa conseguinte infracción da tutela xudicial efectiva que asiste a parte. O pronunciamento debe ser estimatorio, xa que debe considerarse acreditado o non pagamento das cantidades reclamadas conforme a proposta documental e a aplicación dos artigos 91.2 da LRXS e 304 da LAC, ante a non comparecencia da empresa demandada.

Parte dispositiva.

Procede o complemento da Sentenza do 1 de xullo de 2013 ditada nestes autos, de tal xeito que a súa fundamentación debe considerarse integrada coa recollida na presente resolución e na súa decisión, e debe considerarse engadido o seguinte pronunciamento: «condénase a empresa demandada ao pagamento á demandante da cantidade de 1.684,20 euros en concepto de liquidación final da relación laboral, co xuro por demora do artigo 29.3 do ET en canto aos conceptos salariais».

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A secretaria».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Xestión Celular Galega, S.L. (Xecega), en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial