Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34157

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (543/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de Seguridade Social 543/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Seijas Anido contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), Mutua Universal Mugenat, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Mutua Universal, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Administrador Concursal Esoga, sobre Seguridade Social, se ditou resolución en data 30.7.2013, dirixida, entre outras, a Estructuras y Obras de Galicia, S.L., contra a cal non cabe interpor ningún recurso, facéndolles saber aos interesados que no dito órgano xudicial poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xullo de 2013