Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34160

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (900/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 900/2012 por instancia de Raúl Moreno Caballero contra LLanera Logística, S.L., sobre cantidade, nos cales o día 12 de xuño de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Ditame.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Raúl Moreno Caballero contra Llanera Logística, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Llanera Logística, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.412,30 € brutos polos salarios devindicados nos meses de marzo, abril, e maio de 2012, pagas de xullo e nadal de 2011, diferenzas por revisión salarial de 2012, e axudas, quilometraxe e un festivo de maio de 2012, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Llanera Logista, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial