Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización da contratación do servizo de limpeza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

c) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18862

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de limpeza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 104, do 3 de xuño de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen impostos: 101.700 €.

Impostos: 21.357 €.

Importe total: 123.057 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de xullo de 2013

b) Contratista: Initial Facilities Services, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: noventa e dous mil novecentos noventa e nove con oito euros (92.999,08 €), ao cal se lle engaden dezanove mil cincocentos vinte e nove con oitenta un euros (19.529,81 €) en concepto de IVE, do que resulta un total de cento doce mil cincocentos vinte e oito con oitenta e nove euros (112.528,89 €).

e) Data de formalización: 31 de xullo de 2013.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2013

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte