Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa da rede de distribución para a subministración de gas natural á empresa Leche Celta, S.L.U. en Pontedeume.

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude

Empresa solicitante

Gas Galicia SDG, S.A.

Data da solicitude

5 de agosto de 2013.

Contido da solicitude

Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Tipo de instalación

Rede de distribución de gas natural.

Denominación do proxecto

Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións da rede de distribución para a subministración de gas natural con MOP = 4 bar á empresa Leche Celta, S.L.U. en Pontedeume.

Finalidade da instalación

Subministración de gas natural á empresa Leche Celta, S.L.U., no termo municipal de Pontedeume (A Coruña).

Trazado da rede

Parte dun punto de conexión coa rede en servizo MOP 4 do termo municipal de Miño (situado no extremo noroeste da rede da Urbanización Costa-Miño Golf), diríxese cara ao leste e cruza a autoestrada AP-9F ata a vía de servizo e continúa por esta vía en dirección sur ata chegar ao límite da empresa Leche Celta, S.L.U.

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Gas Galicia SDG, S.A.

A empresa Gas Galicia SDG, S.A. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 7 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas