Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34164

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (98/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 98/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Pena Louzao contra a empresa Santin y Otero, S.C., Susana Seoane Otero, Rosa Mª Santin Gómez, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data 2.8.2013 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

... A Susana Seoane Otero e a Rosa María Santin Gómez:

– As devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolverlle á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– As contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará para efecto a través do punto neutro xudicial.

– Bens inmobles, titularidade de Susana Seoane Otero, que a continuación se describen ata cubrir o importe da suma reclamada por principal, xuros e custas.

O ben é o seguinte: predio número 12.409-G6, inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela.

Acórdase librar mandamento coas indicacións da lexislación hipotecaria, por duplicado, coa seguinte finalidade:

a) Para que se faga a anotación preventiva do embargo no Rexistro da Propiedade, remitíndose o dito mandamento por (inserir medio polo cal se envía o mandamento, xa sexa por fax ou por calquera outro medio electrónico establecido no artigo 162 da LAC), no día de hoxe.

b) Así mesmo, para os efectos previstos no artigo 656 da LAC, para que remita certificación de titularidade do dominio e demais dereitos reais dos bens gravados, así como os dereitos de calquera natureza que existan sobre os bens embargados, en especial relación completa das cargas inscritas que o graven ou, se é o caso, que se encontra libre de cargas.

... Bens inmobles, titularidade de Rosa María Santin Gómez:

O 50 % dos predios números 23.615, 23.582/18 G e 23.582/41 T inscritos no Rexistro da Propiedade de Noia:

Previamente a librar mandamento ao Rexistro da Propiedade de Noia, para anotar o embargo realizado sobre os referidos predios e para que remitan certificación de cargas e gravames que pesan sobre este, e dado que os bens inmobles embargados a Rosa María Santin Gómez teñen carácter ganancial, acórdase notificar ao cónxuxe da parte mesma, Antonio Maroño Sánchez, con traslado da demanda executiva e a presente resolución, para que se poida opor á execución polas mesmas causas que correspondan a este e, ademais, en que os bens gananciais non deben responder da débeda pola cal se despachou execución, facéndolle saber así mesmo que poderá interpor os recursos e usar os medios de impugnación de que dispón o executado para a defensa dos intereses da comunidade de gananciais.

Non se realiza embargo sobre os vehículos titularidade das executadas, dado que teñen unha antigüidade superior a dez anos e continuar a vía de constrinximento sobre estes resultaría antieconómica.

– Fágaselle saber ao executado que conforme o auto que contén a orde xeral de execución a) Transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprire na súa integridade a obriga, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se deberá aboar en dous puntos. b) Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle imporán as custas da execución que se instar, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

– Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos de pagamento será a seguinte: conta número 5076 000 64 0098 13, e deberase indicar no campo concepto de pagamento.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpoñer ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 186 da LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 5076 aberta en Banesto, e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso seguida do código «31 Social-revisión». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguida do «código 31 Social-revisión». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Susana Seoane Otero, no seu nome e como administradora de Santin y Otero, S.C., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013

A secretaria xudicial