Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de acordo de inicio do procedemento de reintegro de axudas para o fomento da contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregados, reguladas na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 2 de abril), relativa ao expediente TR347D 2008/394-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que considere oportuna, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 26 de xullo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2008/000394-1.

Nome ou razón social: Construcciones Carbia Méndez, S.L.

DNI/NIF: B70165683.

Último enderezo coñecido: rúa de Abaixo, 14, 15920 Rianxo (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo D, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.