Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2013/137).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: LMTS As Travesas-Cabreira e os CCTT, fase I.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm2 Al, cunha lonxitude de 954 metros, con orixe en cela de liña para instalar no CT As Travesas II existente (expediente IN407A 2007/524) e final en novo CT Cabreira proxectado, sendo os primeiros 81 metros en canalización existente na LMT e CT As Travesas II (expediente IN407A 2007/524).

– Centro de transformación prefabricado (CT) Cabreira, cun transformador de potencia 160 kVA e relación de transformación 20/0,4-0,230 kV, e unha cela de liña e outra de protección de transformador.

– Rede de baixa tensión soterrada, composta por dous circuítos con condutor RV 0,6/1 kV 4×(1×240 mm2) Al, cunha lonxitude de 309 metros (liña Cabreira) e 304 metros (liña Cabreira-As Travesas), con orixe no CT proxectado que discorre pola canalización proxectada, salvo 170 metros de nova canalización para a liña de baixa tensión Cabreira, e final nos puntos de entroncamento coas liñas aéreas existentes mediante pasos soterrados-aéreos en apoios existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de agosto de 2013

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial