Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.
Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 26 de xullo de 2013
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: TR347E 2008/000079-1.
Nome ou razón social: Ecofloat Galicia, S.L.
DNI/NIF: B36994713.
Último enderezo coñecido: paseo do Areal, 15, 1º C, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña).
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena do anexo E, punto 1, da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347E 2008/000102-1.
Nome ou razón social: Ártabros Stone, S.L.
DNI/NIF: B15949597.
Último enderezo coñecido: avenida Fernández Latorre, 53, 3º D, A Coruña.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena do anexo E, punto 1, da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347E 2008/000112-1.
Nome ou razón social: Alemar Multiservicios, S.L.
DNI/NIF: B70075668.
Último enderezo coñecido: avenida Cataluña, 20, 2º, 15578 Narón (A Coruña).