Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.
Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 26 de xullo de 2013
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: TR347D 2008/000016-1.
Nome ou razón social: O Meigallo, S.C.
DNI/NIF: G70157359.
Último enderezo coñecido: avenida Constitución, 57, 15930 Boiro (A Coruña).
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena do anexo D, punto 1, da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347D 2008/000039-1.
Nome ou razón social: Vázquez Gómez, Óscar.
DNI/NIF: 53302205G.
Último enderezo coñecido: rúa San Andrés, 143 baixo, 15003 A Coruña.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena do anexo D, punto 1, da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347D 2008/000066-1.
Nome ou razón social: Muñiz de San Eufrasio, Mª Gabriela.
DNI/NIF: 52477918Z.
Último enderezo coñecido: rúa Amparo López Jean, 27, 5º B, 15174 Rutis, Culleredo (A Coruña).
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena do anexo D, punto 1, da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347D 2008/000076-1.
Nome ou razón social: Comprasana, S.L.
DNI/NIF: B15903313.
Último enderezo coñecido: rúa Neveda, 7, baixo esq., 15179 Porto de Santa Cruz, Oleiros (A Coruña).
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena do anexo D, punto 1, da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347D 2008/000188-1.
Nome ou razón social: Penedamalladoira, S.L.
DNI/NIF: B70138078.
Último enderezo coñecido: avenida de Acea de Ama, 14, 1º C, 15670 Culleredo (A Coruña).