Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 35/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTA, LMTS e CTI en Acea.

Situación: concello de Betanzos.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea a CTI Acea (tramo I) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 30 m, coa orixe en apoio novo que se vai intercalar na LMTA existente a CT Anciáns Desamparados (expediente 34.685), condutor tipo LA 56/54,6 mm2, e final en apoio de formigón proxectado.

Liña de media tensión aérea a CTI Acea (tramo II) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 9 m, coa orixe en apoio de formigón proxectado con PAS final da LMTS que se proxecta, condutor tipo LA 56/54,6 mm2, e final en apoio de formigón no que se instala o CT intemperie de 160 kVA.

Liña de media tensión soterrada a CTI Acea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 528 m, coa orixe en paso aéreo-subterráneo en apoio de formigón proxectado da LMTA a CT Acea (tramo I), en condutor RHZ1 12/20 kV-3x95 Al, e final paso aéreo-subterráneo en apoio de formigón proxectado da LMTA a CT Acea (tramo II).

Centro de transformación intemperie Acea, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 23 de xullo de 2013

Por ausencia (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas