Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 231/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado do proxecto recuamento LMT e CS lugar de Curro Alvedro.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea SBN-717B, lugar de Curro-Alvedro, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,683 km, coa orixe no paso aéreo-subterráneo que se vai realizar no apoio nº 57 proxectado, que se intercalará na LMT SBN-717B, tramo entre o CT Culleredo e o CS Tarrío, condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no paso aéreo-subterráneo que se realizará no apoio nº 60/1 proxectado, que se vai intercalar na LMT SBN-717B, tramo entre o CT Tarrío II e a derivada ao CT Escolas Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña