Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33383

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre instalación de taller de chapa e pintura.

José Manuel Sánchez Furelos solicita desta Alcaldía licenza municipal para instalar un taller de chapa e pintura na rúa das Palmeiras, 84C2, parque empresarial do Milladoiro.

Para cumprir co disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no taboleiro de anuncios deste concello.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente no departamento de Urbanismo deste Concello, sito na r/ Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ames, 5 de xuño de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde