Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33384

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública dun proxecto de reforma dunha explotación de gando vacún de leite.

Felipe Díaz Darriba en representación de As Trapas, S.C., solicitou desta Alcaldía licenza municipal para o proxecto de reforma dunha explotación de gando vacún de leite, no lugar das Trapas da parroquia de Prevesos (parcelas número 271 e 272, do polígono 3), do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 9 de agosto de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde