Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 22 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se notifica a Ana Mª Álvarez de Cal a Resolución do 2 de xullo de 2013 relativa á rectificación de erro material, de feito ou aritmético da Administración en materia de ingresos indebidos.

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura
orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 136, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, intentou notificar a Ana Mª Álvarez de Cal, titular do DNI nº 34895538J
a resolución relativa á devolución de ingresos indebidos.

Ante a imposibilidade da súa notificación persoal á interesada, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por medio da presente cédula comunicáselle a Ana Mª Álvarez de Cal, a Resolución da Xerencia do 2 de xullo de 2013 relativa á rectificación de erro material de feito ou aritmético da Administración en materia de ingresos indebidos. A citada resolución atópase á súa disposición nas dependencias da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Edificio Administrativo do Hospital Abente y Lago sito no paseo General Sir John Moore,
nº 2, 15001 A Coruña) e poderá acceder a ela en horario de 8.00 a 15.00 horas, nun prazo de 15 días a partir da publicación no DOG desta cédula.

Contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa poderá interpor recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación neste diario oficial, de acordo co previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Advírtese que no caso de non comparecencia no prazo sinalado darase a resolución por notificada.

A Coruña, 22 de xullo de 2013

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña