Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33316

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 4451/2011 VV).

Xulgado de orixe/autos: demanda 562/2010 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Jorge Alberto Zinno.

Avogada: Pilar Villar Pérez.

Procuradora: Isabel María Castiñeiras Fandiño.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dicudad de la Gastronomia, S.L., Mutua Midat Cyclops.

Avogados: letrado Seguridad Social, letrado Seguridad Social, José Luis Feijoo Borrego.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 4451/2011 desta sección, seguido por instancia de Jorge Alberto Zinno contra a empresa Dicudad de la Gastronomia, S.L. sobre incapacidade temporal, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo actor Jorge Alberto Zinno contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nos presentes autos tramitados por instancia do recorrente contra demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Patronal MC Mutual e a empresa Ciudad de la Gastronomía, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, por esta nosa sentenza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Dicudad de la Gastronomía, S.L. con advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2013

A secretaria xudicial