Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33315

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 19 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante de persoal licenciado sanitario.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros oficiais de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.Sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 15 días hábiles, desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 19 de xullo de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras