Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación suxeita a regulación harmonizada da subministración sucesiva, por prezos unitarios e a través de tarxetas con soporte magnético, de combustibles de automoción para os vehículos de varios departamentos da Xunta de Galicia, polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 45 48

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correos electrónicos:

maria.blanco.aller@xunta.es, manuel.perez.gonzalez@xunta.es

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19322

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2013-SUSE 03-PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva, por prezos unitarios e a través de tarxetas con soporte magnético, de combustibles de automoción para os vehículos de varios departamentos da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de entrega: nos puntos de abastecemento do adxudicatario.

e) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, durante doce meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 09132000-3 e 09134100-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no número 11 da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 6.389.521,74 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 3.042.629,40 €.

IVE (21 %): 638.952,17 €.

Importe total: 3.681.581,57 €

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe de orzamento base de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 4 de setembro de 2013, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, o 16 de setembro de 2013, ás 12.00 horas.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de xullo de 2013.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza