Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 105/2013 interposto contra a desestimación, por silencio administrativo, do recurso de alzada presentado contra a Resolución do 16 de novembro de 2013, da xefa da Área Provincial de Lugo do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Esta secretaría xeral técnica recibiu dilixencia de ordenación do secretario do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co recurso contencioso-administrativo do procedemento ordinario 105/2013, interposto por Manuel Lareu Navaza contra a desestimación, por silencio administrativo, do recurso de alzada presentado contra a Resolución do 16 de novembro de 2013, da xefa da Área Provincial de Lugo do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se comunica que o Xurado de Expropiación de Galicia non é competente para a determinación do prezo xusto debido ao incumprimento de prazo para o rexeitamento da valoración das parcelas nº 1 e 11 que se determinou na Resolución do 25 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no expediente expropiatorio por taxación conxunta, para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial de Taboada, concello de Taboada (Lugo).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que esta secretaría xeral técnica xa remitiu o 19.6.2013 o expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas