De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega a cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, núm. 79, 2º, 32003 Ourense.
De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
Ourense, 24 de xullo de 2013
Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-PF-307/2011.
Interesada: Thaynara Rossana Sousa Moura.
Pasaporte nº: YA460964.
Enderezo: r/ Ourense, nº 7, 3º Verín (Ourense).
Número de expediente: OU-PF-204/2012.
Interesado: José Luis Reina González.
DNI nº: 50191126-C.
Enderezo: r/ Ramón Puga, nº 23, 4º F, Ourense.
Interesada: Consuelo Aime Aragón Mesa.
Pasaporte nº: H009660.
Enderezo: praza San Marcial, nº 4, 1º, Ourense.