Faise público que Ganadería Sar de Serráns, S.C., solicitou licenza para desenvolver a actividade de proxecto de legalización de obras existentes e construción de estabulación libre de gando vacún, fosas de zurros e obras anexas, como ampliación da explotación existente en Serráns-Mazaricos comprendida no ámbito de aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.
Unha vez presentada a solicitude e documentación anexa requirida pola normativa e para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.
Deste xeito, todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes.
Mazaricos, 7 de agosto de 2013
José M. Santos Maneiro
Alcalde