Faise público que Constantino Villar González solicitou licenza para desenvolver a actividade de ampliación de explotación familiar de vacún de leite con destino a estabulación libre para vacún de leite e fosa de zurro na Picaraña, Mazaricos, comprendida no ámbito de aplicación no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.
Unha vez presentada a solicitude e documentación anexa requirida pola normativa e para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.
Deste xeito, todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes.
Mazaricos, 2 de agosto de 2013
José M. Santos Maneiro
Alcalde