Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33260

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública relativo á aprobación do estudo de detalle de dúas rúas.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día 3 de xuño de 2013, aprobou inicialmente o estudo de detalle das rúas Waldo Álvarez Insúa e Padrón, do Concello da Estrada, de promoción municipal (asinado polo arquitecto municipal, Manuel Sanmartín Chao).

O que se somete a información pública durante o prazo de 20 días computado a partir da publicación deste edito no Diario Oficial de Galicia, con independencia da súa publicación nun diario de gran difusión provincial, e, sen prexuízo da súa notificación individual aos propietarios e interesados afectados, para coñecemento, e para a eventual presentación de reclamacións/obxeccións/suxestións perante o concello polos posibles interesados.

Lugar e horario de consulta: dependencias do Departamento de Urbanismo da Casa Consistorial (3º andar), de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas.

A Estrada, 21 de xuño de 2013

José C. López Campos
Alcalde presidente