Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33263

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de licitación (expediente OA-06-2013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expediente: OA- 06-2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: rehabilitación da cuberta do mercado municipal.

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

c) Prazo de execución (meses): tres.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación.

Valor estimado: 242.575,35 €; IVE (21 %): 50.940,82 €; importe total: 293.516,17 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real, nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

Teléfono: 981 43 30 54.

Fax: 981 43 33 68.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.00 horas.

b) Hora límite: ata as 14.00 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego-tipo de claúsulas administrativas particulares que haberán de rexer para a contratación mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP nº 103, do 1.6.2012).

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Pontedeume. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: rúa Real, nº 13.

3ª. Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte ao que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 14.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.pontedeume.es

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego e no cadro de características do contrato.

Pontedeume, 8 de agosto de 2013

Gabriel Torrente Piñeiro
Alcalde