Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33197

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5537/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5537/2010 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Construcciones Sanco, S.L. e Juan Cespón Paz, sobre outros dereitos laborais, ditouse a seguinte resolución:

«A Coruña, 17 de xullo de 2013. O anterior escrito presentado pola letrada María José Martínez-Fariza Conde, en representación da Mutua Galega de Accidentes de Traballo, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase á recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Tense por efectuado o depósito de 600 euros.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte obxecto de recurso poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asinoo. Dou fe».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones Sanco, S.L., con último domicilio coñecido en María Berdiales, 29, 2º, oficina, 8, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de xullo de 2013

A secretaria xudicial