Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013177AL-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 27 de xuño de 2013, a xefa territorial de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2013177AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra contra a entidade Mariscos y Pescados Manus, S.L.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Mariscos y Pescados Manus, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 22 de xullo de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2013177AL-PO.

Denunciada: Mariscos y Pescados Manus, S.L., con CIF B36550457.

Último enderezo coñecido: Coviña do Mar, s/n, Rons, 36980 O Grove.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigo 3 do Regulamento de execución (UE) 931/2011, do 19 de setembro, relativo aos requisitos en materia de rastrexabilidade establecidos polo Regulamento (CE) 178/2002, do Parlamento Europeo e do Consello, para os alimentos de orixe animal.

– Artigos 3, 4 e 5 e capítulo VII do anexo II do Regulamento (CE) núm. 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 7 do Decreto 399/1996, do 31 de outubro, polo que se regulan programas de control sanitario de moluscos bivalvos vivos.

Tipificación: infracción grave, segundo o artigo 51, punto 2, punto terceiro da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001 €).