Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 593/07 de reclamación de responsabilidade patrimonial.

O 14 de xuño de 2013, a conselleira de Sanidade ditou resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por Manuel Lagares Souto o 6 de agosto de 2008.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Manuel Lagares Souto o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Consonte co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dado que a publicación da resolución de responsabilidade patrimonial pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limítase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, recórdaselle que contra a resolución que pola presente cédula se notifica, que pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: 593/07.

Reclamante: Manuel Lagares Souto.

DNI/NIF: 32136591-W.

Último enderezo coñecido: A Coruña, rúa Petunias, 27, 2º A, 15008 A Coruña.

Contido da notificación: resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por Manuel Lagares Souto polos supostos danos que lle foron ocasionados no Hospital Juan Canalejo da Coruña.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 15 días.