O 10 de xullo de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador nº 2013101AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Bobi Pescados y Engados, S.L.
Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Bobi Pescados y Engados, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, conta contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2013101AL-PO.
Denunciada: Bobi Pescados y Engados, S.L.
DNI/CIF: B27728682.
Último enderezo coñecido: Area Alta, 28, D, Panxón, 36340 Nigrán.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto infrinxido: artigo 51, punto 2, parágrafos 2 e 3 da Lei 17/2011.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 5.001 €.