Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza para ampliación de explotación gandeira.

Faise público que Carlos Fernández Rey solicitou licenza para desenvolver a actividade de ampliación de explotación gandeira mediante a construción dunha fosa de zurro en Lago-Mazaricos, comprendida no ámbito de aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Unha vez presentada a solicitude e a documentación anexa requirida pola normativa, e para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito, todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Mazaricos, 2 de agosto de 2013

José M. Santos Maneiro
Alcalde